Friday 10 de May de 2024

Clausurado o Lousame Concilia Verán 2023, que reuniu a corenta nenos e nenas nos meses de xullo e agosto


Os 40 nenos e nenas do Lousame Concilia Verán 2023, de entre 3 e 12 anos de idade, celebraron hoxe unha festa de clausura das actividades do programa de conciliación levado a cabo polo Concello de Lousame nos meses de xullo e agosto. Unha iniciativa que tivo lugar nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra ou na piscina municipal, en horario de 9:30 a 14:30 horas.

A rapazada desfrutou de xogos grupais, actividades deportivas, saídas á piscina, sesións de contacontos e cinema, manualidades, excursións… e dunha festa final con lambonadas. O Lousame Concilia Verán 2023 foi organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e co Programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade.